Alibós Casa Grande de Xanceda Arean Hijos Mieles Anta President Manzanova Unión Europea Xunta de Galicia - Presidencia Plan Avanza Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
 
Español      Galego       English
Logotipo de Indegae
 
 
 
> Quen somos
INDEGAE é o acronimo de asociación de Industrias Elaboradoras Gallegas en Agricultura Ecológica. Constituida o 16 de Marzo de 2004 con ámbito de actuación autonómico. A nosa sede social esta en Sancobad (Villalba).

Os asociados teñen que estar inscritos no rexistro de industrias do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

INDEGAE ten rango autonómico, aínda que a meirande parte dos asociados son da provincia de Lugo, feito característico da produción e da industria agroalimentaria a nivel de Galicia, pois Lugo concentra o 50% dos operadores do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
Dende a constitución da asociación no ano 2004, INDEGAE ven desenvolvendo distintas actividades:

• Cursos de formación a operadores de produción vexetal e animal (2009) en cursos de 20 horas
• Participación en congresos realizados en Galicia (2005-2009)
• Participación en xornadas gastronómicas (2008-2009)
• Asistencia a feiras (Alimentaria 2008, BioFach 2007, 2008 e 2009, Biocórdoba 2007 e 2008, Expolugo 2007, Silleda 2008, …)
• Representación da industria do sector fronte á administración (Xunta de Galicia-Consellería do Medio Rural, Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Mariño, concellos e deputacións)
• Representación da industria do sector no CRAEGA, formando parte como vogais, ademais como asociación representativa no comité consultivo.
• Co-participación en actividades financiadas polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño xunto con FEPECO (Federación de Empresas con Productos Ecológicos), da que INDEGAE é parte xunto con outras asociacións de empresas de produción ecolóxica de toda España.
• Coordinación e organización de catas de alimentos de produtos ecolóxicos e comparación de resultados con produtos convencionais.
• Impartición de charlas a bolseiros do IGAPE en comercio exterior.

Patrocinadores y Asociados

Quen somos |  Os nosos fins |  Novas |  Contacto |  Catálogo |  Zona de descargas

Instituciones

Condicións legais de uso
Valid XHTML 1.0 Transitional      ¡CSS Válido!
Indegae - 2012 ©                              Desenvolvemento e programación: SCA Informática | Deseño e maquetación: Masako Design